Estás en:Emprego Novas

A Deputación instala novas sinalizacións con códigos QR nos tramos británicos do Camiño Inglés

Os QR permítenlles aos peregrinos acceder a información sobre a ruta, a súa historia e os elementos patrimoniais máis relevantes da contorna

A Deputación instala novas sinalizacións con códigos QR nos tramos británicos do Camiño Inglés

Os deputados provinciais Bernardo Fernández e Antonio Leira e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, percorreron onte un novo tramo desta ruta xacobea en terras británicas, que vai dende a igrexa de Santa María en Gainford, no condado de Durham, ata a catedral gótica de Ripon, no condado veciño de Yorkshire.

Alí instaláronse as novas sinalizacións creadas pola Deputación da Coruña, que ademais da tradicional frecha amarela, incorporan un código QR co que os peregrinos poden obter información práctica no seu idioma sobre a ruta, a súa historia e os elementos patrimoniais ou naturais máis relevantes da contorna.

"Cada ano crece o número de persoas británicas que se animan a vivir en primeira persoa a experiencia do Camiño Inglés partindo do quilómetro cero, como facían os primeiros peregrinos na época medieval", afirmou Antonio Leira, que sinalou que a viaxe serviu para "avanzar novas vías de colaboración coas autoridades do Reino Unido na promoción deste itinerario xacobeo en ambos países".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X