Estás en:Emprego Novas

O Plan único da Deputación financia con 304.000 euros a construción dunha pista de pádel, obras de saneamento e melloras de camiños no concello de Touro

As obras están en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado ata o 21 de outubro

O municipio recibe este ano 1.076.400 euros correspondentes ao Plan único (POS+2024) para financiamento de obras e servizos municipais

O Plan único da Deputación financia con 304.000 euros a construción dunha pista de pádel, obras de saneamento e melloras de camiños no concello de Touro

O Plan único (POS+) da Deputación da Coruña financia con 304.000 euros a construción dunha pista de pádel cuberta, obras de saneamento e melloras de camiños no concello de Touro.

As obras están actualmente en fase de licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado ata o 21 de outubro.

Por unha banda, na parroquia de Fonte Díaz está prevista a creación dunha pista de pádel de 20x10 metros cadrados que contará cunha estrutura metálica, vidros temperados transparentes e iluminación con catro postes de seis metros de altura. Ademais, a instalación contará con cuberta de aceiro e paneis illantes. Mentres, o pavimento estará formado por céspede artificial de polietileno a altura de 12 de milímetros.

Ademais, está prevista a mellora da capa de rodaxe en dous viarios. Deste xeito, na pista que vai de Beseño de Abaixo a Beseño de Arriba, en catro treitos de 245, 210, 280 e 115 metros de longo respectivamente, instalarase un novo aglomerado. Esta actuación contempla a mellora de 225 metros cadrados de abanicos, a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe, así como a sinalización horizontal co pintado de liñas e símbolos e a colocación de dous sinais de STOP. Así mesmo, actuarase nun viario de 30x5 metros que exerce como acceso en O Forte coa instalación dun aglomerado, apertura de gabias, limpeza de salvagabias e sinalización horizontal.

A este proxecto úneselle outro de mellora do pavimento, neste caso na pista de Oca de Arriba a Cruz de Graxola, no camiño de Millares Bama a Banda de Arriba e na capa de rodadura do viario en Campelo. Entre os tres puntos actuarase con tratamento asfáltico superficial en case 1,8 quilómetros lineais de vías que contan cunha anchura de 3,5 a 4 metros. Tamén se intervirán 445 metros cadrados de abanicos, se traballará nas gabias e salvagabias e se instalarán catro sinais de STOP en total.

Por último, este financiamento da Deputación remata cunha instalación de canalizacións de saneamento en Obra para continuar coa rede municipal. O proxecto contempla a colocación de 775 metros de tubo de PVC de 315 milímetros de diámetro e outros 150 metros de tubo de 160 milímetros, ademais de 27 pozos de rexistro e 30 arquetas para acometidas. A maiores, contémplase a mellora e reparación dos treitos afectados, de 480, 115 e dous de 90 metros lonxitudinais e 4,5 metros de ancho todos eles.

Más de un millón de euros no municipio e 30 na comarca

Deste xeito, estas actuacións forman parte do investimento de 1.076.400 euros que o Plan único da Deputación da Coruña destina este ano ao Concello de Touro. En total, na comarca de Santiago, o POS+2024 destina máis 30 millóns de euros só neste ano.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X