Estás en:Emprego Novas

A Deputación ofrece formación para a creación de produtos turísticos paquetizables e vinculados á gastronomía no marco dos Fogóns do Anllóns

Trátase dunha iniciativa destinada a empresas do sector turístico dos 5 concellos asociados ao Plan de sustentabilidade turística en Destino dos Fógons do Anllóns

A primeira sesión terá lugar o 22 de outubro no Fórum de Carballo de 16:30h a 19:30h

O período de inscrición xa está aberto e poderase realizar de forma online

A Deputación ofrece formación para a creación de produtos turísticos paquetizables e vinculados á gastronomía no marco dos Fogóns do Anllóns

Desde a Deputación da Coruña está a levarse a cabo o proxecto de Creación de Produtos Turísticos Paquetizables vinculados coa gastronomía de "Os Fogóns do Anllóns", cuxo obxectivo é a análise, deseño, posta en marcha e comercialización de produtos turísticos vinculados á gastronomía.

Trala realización dunha análise previa do territorio, levarase a cabo un programa formativo que axudará ao sector turístico e agroalimentario ao deseño e creación de paquetes turísticos, coa intención de poñer en valor a gastronomía local, os produtos Km0 e as experiencias turísticas que se desenvolven no territorio.

O programa formativo constará de cinco sesións, tres en formato presencial e dous en formato en liña. A primeira delas terá lugar o 22 de outubro baixo o nome "Sabores do Anllóns: Fusionando Territorios e Tradicións (novas estratexias turísticas para o desenvolvemento local)", impartida por Alexandra Touza, Diplomada en turismo e consultora especialista en Turismo Industrial, Mariñeiro, Marketing e dinamización Territorial, sustentabilidade, emprendemento, desenvolvemento local e creación de produto.

A sesión formativa tratará de unir a gastronomía local a actividades pesqueiras e mariñeiras, creando alianzas entre estes dous sectores culturais e económicos, coa finalidade de crear actividades turísticas complementarias sobre o turismo mariñeiro, que se presta como unha nova vía de diversificación ou complementariedade tanto da actividade pesqueira como da actividade gastronómica, permitindo crear novas fontes de ingresos sostibles aos axentes do mar e ao sector hostaleiro, e axudar á conservación da cultura e a tradición ligada á pesca e o marisqueo destes municipios e a súa poboación.

O período de inscrición xa está aberto e poderase realizar de forma online a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/JMwhJyUS9UNFypcY8

Esta formación atópase enmarcada dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino de "Os Fogóns do Anllóns" da Deputación da Coruña, financiado cos fondos Next Generation EU.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X