Estás en:Emprego Novas

A Deputación viaxa a Matosinhos para participar no evento de turismo gastronómico “Out of the blue”

A área de Turismo participa nesta cita que ten como lema "A resposta está no Océano", onde se celebrarán diferentes actividades gastronómicas relacionadas co medio mariño

Os chefs Iván Domínguez (NaDo) e Lucía Freitas (A Tafona) realizarán showcookings "a catro mans" con outros chefs portugueses, Rui Paula e Arnaldo Azevedo

O responsable de Algas Mar de Ardora, Sergio Baamonde, participará nunha charla e degustación con outros biólogos e chefs

A Deputación viaxa a Matosinhos para participar no evento de turismo gastronómico “Out of the blue”

Regueira durante a presentación de Out of the Blue

A área de turismo da Deputación viaxa mañá a Matosinhos para participar no evento turístico e gastronómico "Out of the blue" que terá lugar no municipio portugués do 24 ao 25 de outubro e que, baixo o lema "A resposta está no océano", acollerá diferentes actividades destinadas a poñer en valor a gastronomía e a sustentabilidade dos océanos.

Showcookings a "catro mans" A Coruña – Portugal
Os chefs de A Tafona (Santiago de Compostela) e NaDo (A Coruña), Lucía Freitas e Iván Domínguez respectivamente, realizarán showcookings "a catro mans" con outros dous chefs portugueses para enxalzar os produtos locais de ambos territorios. O xoves, Lucía Freitas estará aos fogos, no seu restaurante, con Rui Paula Casa, dúas Estrelas Michelin e chef de Chá da Boa Nova. E, pola súa parte, o venres Iván Domínguez cociñará co tamén chef Michelin Arnaldo Azevedo, do restaurante Bistrô by Vila Foz, no Mercado de Matosinhos.

Ademais, Lucía Freitas participará o venres, tamén no mercado, nunha conversa sobre "As mulleres nos sistemas alimentarios", con Diana Barnabé (Estúdio Cozinha) e Alexandra Prado Coelho (xornalistas), para coñecer e celebrar ás protagonistas invisibles do sector alimentario.

O biólogo e responsable de Algas Mar de Ardora, Sergio Baamonde, estará o venres nunha charla e degustación coa chef e bióloga Joana Duarte, o biólogo Leonel Pereira e Isabel Sousa, de CIIMAR, sobre "As Algas e as Plantas que veñen do Océano" co obxectivo de explorar o papel crucial das algas na estabilidade do ecosistema mariño e o seu potencial na gastronomía.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X