Estás en:Emprego Novas

A Deputación inviste 120.000 € na 49 edición da Festa do Queixo de Arzúa

O vicepresidente, Xosé Regueira, e o alcalde de Arzúa, Xesús Carril Ramos , asinaron esta mañá o convenio na sede provincial

"A Festa do Queixo de Arzúa vai máis aló da gastronomía e da música para converterse nunha celebración da nosa identidade colectiva que xa forma parte do patrimonio da provincia, e que ademais é declarada festa de interese turístico de Galicia dende o 1999" sinalou Regueira

A Deputación inviste 120.000 € na 49 edición da Festa do Queixo de Arzúa

A Deputación da Coruña colabora co Concello de Arzúa, destinando 120.000€ á 49 edición da Festa do Queixo de Arzúa 2024. O vicepresidente, Xosé Regueira, e o alcalde de Arzúa, Xesús Carril Ramos, asinaron na sede provincial o convenio, que supón unha achega do 37 por cento do orzamento total.

O obxectivo deste acordo é potenciar a Festa do Queixo, impulsando un produto local característico do municipio e da provincia, o queixo D.O.P Arzúa – Ulloa distinguido desde o ano 1989 coa denominación de Produto Galego de Calidade.

Regueira destacou a "particularidade" desta festa, "que é vai máis aló da gastronomía e da música para converterse nunha celebración da nosa identidade colectiva que xa forma parte do patrimonio da provincia, e que ademais é declarada festa de interese turístico de Galicia dende o 1999". "Ademais", engadiu, "representa un motor económico fundamental, polo que encaixa á perfección coa nosa estratexia turística que promove un impacto positivo na contorna tanto a nivel económico como social e medioambiental".

A Festa do Queixo de Arzúa, que se celebrou en marzo, ademais da degustación de produtos gastronómicos, contou coas actuacións musicais de bandas de referencia tanto a nivel galego como estatal, como Guadi Galego, Grande Amore, Fillas de Casandra, De Vacas ou Arde Bogotá, entre outras.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X