Estás en:Emprego

A Deputación apoia á Asociación de Veciños de Liñaio (Negreira) nas melloras da antiga escola que serve como local social da parroquia

Situado na centenaria escola de Liñaio, o local acolle actividades sociais e culturais organizadas pola veciñanza

A Deputación financiou nos últimos anos o acondicionamento do inmoble para acoller un pequeno museo etnográfico e agora financia obras de ampliación e mellora da accesibilidade

A Deputación apoia á Asociación de Veciños de Liñaio (Negreira) nas melloras da antiga escola que serve como local social da parroquia

A deputada responsable da área de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán Cancelo, acompañada do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, visitou este martes a antiga escola da de Liñaio, que serve agora como local social para a veciñanza da parroquia.

O inmoble, unha antiga escola unitaria con máis de 100 anos de historia, acolle ao longo do ano múltiples actividades sociais, lúdicas e culturais organizadas pola asociación de veciños local, que nos últimos anos recibiu axudas da Deputación para adaptar o espazo ás novas necesidades que cumpre na comunidade.

A través das liñas de subvencións, a Deputación cofinanciou nos últimos anos o acondicionamento da segunda planta do local no que a veciñanza planifica a creación dun pequeno museo etnográfico que compilará, a base de préstamos e doazóns, elementos da memoria histórica da veciñanza do lugar. Tamén se financian outras actuacións como as obras de mellora do propio edificio para ampliar a capacidade do almacén ou mellorar a súa accesibilidade e dotalo dun dun aseo adaptado.

Cristina Capelán destacou a importancia de apoiar ás entidades veciñais na mellora das infraestruturas no rural. "Falamos de actuacións pequenas, que moitas veces pasan desapercibidas, pero que axudan a que estas entidades veciñais conten con espazos axeitados para o seu funcionamento e podan ofrecer mellores servizos e actividades que melloran a vida de moitas persoas que viven no rural", afirmou.

Capelán destacou tamén a implicación da entidade veciñal en accións de conservación do patrimonio local como como a rehabilitación do hórreo do entorno da Igrexa de San Martiño ou o mantemento do muro da casa reitoral, que tamén contaron coa colaboración económica da Deputación.

A deputada interesouse ademáis polos plans da Asociación de Veciños de Liñiaio, que pasan por organizar visitas de colexios unha vez instalado o museo etnográfico, incrementar o número de actividades que ofertan e adaptar esta antiga escola como un centro de lecer "para que os nosos maiores podan ter unha calidade de vida nel".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X