Estás en:Emprego

A Deputación inviste en Zas, a través do Plan Único, máis de un millón de euros neste 2025

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, visitou esta mañá o municipio, onde estivo acompañada do alcalde, Manolo Muíño, e parte da corporación municipal

"O Plan Único da Deputación é agora mesmo a ferramenta de financiamento local máis relevante para os concellos. Este ano, prevemos destinar 125 millóns de euros para os 93 concellos da provincia, fronte aos 116 millóns que a Xunta destina aos 313 concellos de todo o país, a través do Fondo Galego de Cooperación Local" expresou a deputada

A Deputación inviste en Zas, a través do Plan Único, máis de un millón de euros neste 2025

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, visitou esta mañá o concello de Zas, onde se reuniu co alcalde, Manolo Muíño, e parte da corporación municipal. O Plan Único destina un total de 1.065.814,90€ a este concello, sendo "a ferramenta de financiamento local máis relevante" tal e como sinalou a deputada. "Este ano, dende a Deputación destinamos 125 millóns de euros para os 93 concellos da provincia, fronte aos 116 millóns que a Xunta destina aos 313 concellos de todo o país, a través do Fondo Galego de Cooperación Local" engadiu.

Mellora do benestar da veciñanza
Ademais, a deputada visitou unha das obras financiadas a través do Plan Único. Concretamente, a de adecuación de bordo da estrada entre o núcleo urbano de Zas e o núcleo rural de Ventoseco. "Obras como esta son o mellor exemplo de como o Plan Único contribúe á mellora da calidade de vida da veciñanza, que ese é, en esencia, o fin deste plan". "Pero non so iso", sinalou Cristina García, "senón que tamén permite financiar servizos básicos municipais a través do gasto corrente, ofrendo aos concellos un alento económico para afrontar as elevadas competencias impropias que están asumindo."

Pola súa parte, o alcalde, sinalou que "é importantísimo para os concellos, pois posibilita facer inversións que doutro xeito os concellos pequenos como o noso serían máis complicadas. Como vemos nesta obra é unha mellora para os veciños que imos continuar ata o seguinte lugar, que é Gontalde. Para todos os concellos, independentemente da súa cor política, a axuda da Deputación é imprescindible".

Impacto socioeconómico positivo na contorna
Ademais de promover un impacto positivo na vida da veciñanza, o Plan Único "supón tamén un impulso para a economía local, ao fomentar a contratación de pequenas e medias empresas de construción, enxeñerías e outras de sectores relacionados. Non só se asegura a execución de obras necesarias senón que tamén se axuda a fortalecer o tecido empresarial local, se consolida o emprego e contribúese a fixar poboación".

Autonomía municipal
A deputada tamén puxo en valor a "autonomía" que este plan supón para as corporacións municipais, "pois tratámolas como o maiores de idade que son", xa que esta ferramenta permítelles distribuír os fondos públicos que reciben da Deputación "como considere cada concello en función da súa realidade e das súas prioridades, a diferencia de outras administracións que lles indican en que proxectos deben ser investidos".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X