Estás en:Emprego

Formoso destaca a “contribución fundamental” do Plan Único á mellora das infraestruturas no rural de Cabanas

Desde a creación do POS+, o municipio leva recibidos 4,4 millóns de euros e financiado 43 obras, fundamentalmente melloras estradas e camiños no rural

Formoso destaca a “contribución fundamental” do Plan Único á mellora das infraestruturas no rural de Cabanas

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou hoxe a "contribución fundamental" do Plan Único á mellora de servizos e infraestruturas no rural de Cabanas.

Fíxoo durante a súa visita ao Concello de Cabanas, onde foi recibido polo alcalde, Fernando Couce Rodríguez, e os portavoces dos grupos políticos representados na corporación municipal, cos que analizou as demandas e necesidades do municipio e os investimentos realizados pola Deputación nos últimos anos, que suman máis de 9 millóns de euros, e entre os que destacan especialmente os do Plan Único, con 4,4 millóns.

Uns fondos, que segundo explicou Formoso, se destinaron fundamentalmente a melloras de infraestruturas e servizos nos núcleos rurais de Cabanas, con 47 obras entre as que destacan as pavimentacións e melloras en estradas e camiños rurais ou a dotación de servizos esenciais como saneamento e abastecemento de auga en lugares como Val de Arriba e Pena do Pico, A Veiga, Chaos, camiño de Fonfría, camiño da Costa ou camiño das Modias e de Teloi e San Xía, que o presidente e o alcalde visitaron posteriormente.

Valentín González Formoso sinalou que este ano os municipios da provincia, entre eles Cabanas, contarán "co maior investimento desde que existe o Plan Único", xa que a dotación inicial do POS+2025 increméntase nun 72% con respecto á do ano pasado, o que supón que o Concello de Cabanas recibirá nesta primeira achega 487.362 euros.

O presidente e o alcalde abordaron tamén a situación administrativa do convenio entre a Deputación e o Concello de Cabanas para o cofinanciamento das obras de mellora da accesibilidade e servizos urbanos na estrada N-651,que inclúe unha notable mellora da seguridade peonil na zona.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X