Formación dixital para concellos
Taller de formación dixital no Concello de Vimianzo
O vindeiro 28 de maio na Aula CEMIT do Concello de Vimianzo as 18:00 impartirase o taller de manexo da plataforma eBiblioDaCoruna.

No taller aprenderase a usar a plataforma gratuíta de préstamo dixital coa que se poden ler e prestar libros, películas, audiolibros, prensa, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas. O taller terá unha duración de dúas horas e nel veremos:
- como usar a plataforma en ordenadores.
- a aplicación para móbiles e tablets tanto ios como android.
- como descargar contidos.
- a política de préstamos, etc.
Data: 28 de maio 2025
Horario: de 18:00 a 20:00
Lugar: Aula CEMIT do Concello de Vimianzo.