Próximas convocatorias
Nos primeiros meses de 2025 abriranse as convocatorias de subvencións PEL anuais das distintas liñas de axuda:
LIÑA 1 PEL–CONCELLOS
- Apoio aos concellos na contratación de traballadores e traballadoras para a prestación de servizos municipais básicos
- Subvencións á contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais imprescindibles (PEL-Concellos)
LIÑA 2 PEL-EMPRENDE
- Apoio á creación e ao recoñecemento de empresas no ámbito local, ao fomento do emprendemento e a xestión e coordinación de espazos de traballo colaborativo.
- Subvencións ao fomento da iniciativa empresarial para a posta en marcha da súa idea de negocio
- Subvencións para sufragrar as cotas da Seguridade Social ás persoas autónomas
LIÑA 3 PEL-PEMES
- Fomento da creación directa de emprego de calidade a través da xeración de novos postos de traballo nos concellos de menos de 20.000 habitantes.
- Incentivos á contratación:
- Subvencións para a creación ou ampliación do cadro de persoal de pequenas empresas e microempresas
- Subvencións ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.