PROXECTO PEL-RURINNOVA (EMP-POEJ FSE)
PEL-RURINNOVA identificará e mobilizará o potencial dos territorios rurais da provincia da Coruña ao través de medidas centradas na mellora das taxas de emprendemento entre persoas mozas, a cohesión social e o desenvolvemento sustentable dun xeito eficiente; creando sinerxías coas medidas estratéxicas impulsadas pola Deputación da Coruña para promover o desenvolvemento territorial e contidas no "Plan de Emprego Local 2016-2019".
PEL-RURINNOVA fai unha aposta polas AXUDAS AO EMPRENDIMIENTO DE PERSOAS MOZAS NO MEDIO RURAL como peza fundamental para a xeración de oportunidades económicas en áreas relativamente menos urbanizadas da provincia da Coruña que favorezan a inserción social e profesional deste colectivo vulnerable.
O programa enmárcase dentro das estratexias de desenvolvemento rural que operan sobre o territorio có obxectivo específico de mellorar a taxa de emprendemento da mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación.
PEL-RURINNOVA formularase tanto ao través da creación de incentivos económicos ao autoemprego como do acompañamento durante o proceso de desenvolvemento e consolidación de plans e liñas de negocio.
O obxectivo xeral de PEL-RURINNOVA é mellorar os niveis de autoemprego e iniciativa empresarial entre as mozas e mozos menores de 30 anos no territorio rural da provincia da Coruña.
PEL-RURINNOVA inclúe catro obxectivos específicos:
Promover a xeración de espazos de traballo compartido entre as persoas mozas.
Promover a igualdade de oportunidades entre a mocidade incidindo nas persoas en risco de exclusión social.
Loitar contra o declive demográfico en áreas rurais e a concentración da poboación en zonas urbanas.
Promover a cultura emprendedora
Os mozos e mozas participantes deberán residir durante todo o período de vixencia da subvención en algún dos 64 municipios obxecto da convocatoria e o seu centro de traballo deberá estar tamén situado nalgún deles.
A Deputación establecerá e publicará no Boletín Oficial da Provincia as bases específicas desta convocatoria de axudas definindo os Criterios de Concesión e Xestión:
- Persoas beneficiarias:
As Axudas diríxense á mocidade de entre 16 e 29 anos empadroados/as nos concellos do territorio deste proxecto, que promovan iniciativas empresariais de nova creación ou se incorporen ao réxime de autónomos nunha empresa xa existente e que cumpran os requisitos que se establezan nas bases reguladoras e na convocatoria destas axudas.
- Importe da axuda:
As persoas beneficiarias percibirán unha axuda económica co obxecto de proporcionarlles apoio durante a fase inicial dos seus proxectos profesionais de autoemprego nos seguintes termos:
A contía da axuda pola súa alta como traballador/a autónomo/a será igual ao resultado de multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) vixente polo número de meses que estean dados/as de alta no réxime de autónomos correspondente (sempre que sexa superior a 6 meses ata un límite de 12 meses) e por 0,75.
Para poder obter financiamento, a actividade profesional inherente a este proxecto deberá ser exercida de modo efectivo ao longo do período temporal declarado. Nos proxectos de autoemprego, considerarase, ademais, tempo de exercicio efectivo, aquel que, no seu caso e de xeito xustificado, se houbera dedicado ao acondicionamento inicial do centro de trabalo, sen que dito período poida exceder os dous meses
- Solicitude da axuda:
O período de solicitude da axuda para iniciar proxectos empresariais con cargo ao PEL_RURINNOVA determinarase nas bases da convocatoria e en ningún caso poderá superar a data final de execución do proxecto.
Realizarase por procedementos electrónicos a través da Plataforma SUBTEL desta Deputación
PEL-RURINNOVA 2021
PEL-RURINNOVA 2020
-Bases Reguladoras das axudas PEL Rurinnova: Xuventude Emprendedora. Programa Operativo de Emprego Xuvenil Fondo Social Europeo