Estás en:Emprego Novas

O sábado 21 de outubro ten lugar en Santiago unha xornada formativa para músicos previa aos Premios Narf

A xornada incluirá relatorios de Antón Martínez, CEO de EnDirecto e socio local de Womex; Xabier Alonso, avogado experto en dereito da cultura; e Marián Fernández, experta en comunicación cultural

A final do Premio Narf terá lugar no seo dunha gala no Salón Teatro de Santiago o 28 de outubro ás 20.30 horas

O sábado 21 de outubro ten lugar en Santiago unha xornada formativa para músicos previa aos Premios Narf

O sábado 21 de outubro terá lugar unha xornada formativa para músicos dentro das actividades paralelas do Premio Narf. A xornada, que comeza ás 10.30 da mañá, terá lugar na sala circular do Auditorio de Galicia e incluirá as seguintes conferencias:

10.30h. MARIÁN FERNÁNDEZ, Socia fundadora de O Cable Inglés e experta en comunicación cultural: "Comunicación básica para artistas"

11.30. XABIER ALONSO, Avogado especializado en dereito da cultura: "Dereitos de autor: o reto dixital"

13.00. ANTÓN MARTÍNEZ, CEO de EnDirecto e socio de Nordesía. Partner local de Womex 2023: "Como proxectar a túa carreira internacionalmente"

A xornada está aberta a todo o sector cultural. A inscrición está aberta ata o 18 de outubro aquí:

https://emprego.dacoruna.gal/cultura/premios/rock/xornada-formacion-grupos-2023

Gala final do Premio Narf

A final do Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña terá lugar o sábado 28 de outubro no Salón Teatro ás 20.30 horas. Nel participarán as tres bandas finalistas: Lucía Aldao, Satélite Salitre e MÅI, ademais de Fillas de Cassandra, o grupo convidado, nun acto que estará conducido polo xornalista Luís Pardo e participará tamén Espiño, que interpretará un tema dedicado a Narf.

O Concurso Fran Pérez "Narf" de música ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico e compositor Fran Pérez "Narf". Algunhas das bandas gañadoras deste premio son Mounqup, Bala ou Familia Caamagno, entre outros.

Formou parte do xurado como presidenta Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; ademais dos músicos Ramón Pinheiro (tamén director da Central Folque), Suso Alonso, quen coincidiu con Fran Pérez Narf en varios proxectos; e Mónica de Nut, cantora de ópera, jazz, música de raíz e experimental; Ánxeles Porto, directora do festival Feito a Man; e Marcos Gendre, xornalista musical. Como secretaria actuou Manuela Muñiz Souto, xefa de sección de Cultura e Deporte.

As bandas finalistas

LUCÍA ALDAO: Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica, son o fío condutor do segundo EP que publica unha cantautora da que o xurado destacou "a súa personalidade artística desbordante na que conflúe un universo propio musical cheo de intencións".

SATÉLITE SALITRE: Banda liderada polo compostelán Pilo Sierra, , en colaboración co cuarteto de cordas Suelen Estar Quartet, o baterista LAR Legido e Pablo Sanmamed. Deles o xurado destacou que é "unha proposta orixinal de sonoridades marcada por unha canción de autor de vangarda".

MÅI: A alianza de Iseo Agilda con Tomás AgeitosX deu como resultado o disco 'Nigredo', que eles mesmos definen como "pop boreal" pola conexión que ten co pop nórdico, combinado coa tímbrica e a rítmica da música tradicional galega. Deste proxecto o xurado salientou a "electrónica acústica boreal de gran profundidade paisaxística"-

Toda a información en https://premionarf.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X